As Prazas de Abastos arrancamos A Prazaneta para percorrer o Camiño de Santiago. Cada mañá A prazaneta percorrerá a etapa indicada e fará unha parada para agasallar aos peregrinos cun enerxético petisco.

Para axudar a repoñer forzas despois dunha xornada de camiñada, A Prazaneta se localizará a carón da Praza de Abastos e invitará a uns pinchos elaborados por un cociñeiro local e cos mellores produtos das nosas Prazas de Abastos.

As Prazas de Abastos de Galicia queremos facer Camiño contigo.
Saborea os nosos produtos e coñece a orixe da nosa gastronomía. Sorpréndete cos nosos eventos de Show Cooking.
Non dubides en visitar as nosas Prazas!

A Prazaneta
A PRAZONETA TOUR
6 OUTUBRO
VILANOVA DE AROUSA
11:00h/12:30h
Capela de Santa Marta en Ponte Arnelas
18:00h~SHOW COOKING
Praza de Abasto (Praza do Mercado No 10)
14 OUTUBRO
OURENSE
11:00h/12:30h
Praza Maior de Seixalbo
18:00h~SHOW COOKING
Praza de Abastos provisional (Parque da Alameda)
23 OUTUBRO
BAIONA
11:00h/12:30h
Parking Gratuíto de Baiona (PO-552)
18:00~SHOW COOKING
Praza de Abastos (Rúa Carabela La Pinta No 11)

Rumbo a Vilanova de Arousa!!

+ info
6 DE OUTUBRO

11:00h/12:30h ~ A PRAZANETA NO CAMIÑO

A prazaneta percorrerá a etapa da Variante Espiritual do Camiño Portugués que remata en Vilanova de Arousa.
Fará a súa primeira parada diante da Capela de Santa Marta en Ponte Arnelas, onde repartirá de balde uns enerxéticos petiscos aos peregrinos e turistas que por alí pasen.

18:00h ~ SHOW COOKING EN VILANOVA DE AROUSA

Para repoñer forzas despois dunha xornada de camiñada, non hai mellor cousa que saborear uns pinchos elaborados cos mellores produtos da nosa Praza de Abastos de Vilanova de Arousa.
A Prazaneta localizarase a carón da Praza de Abastos (Praza do Mercado No 10), onde un chef local nos sorprenderá cunha degustación, realizada cos produtos máis frescos e de proximidade.
Quedades convidados!!

 

RUTA DO MAR DE AROUSA E RÍO ULLA

A ruta comeza na Amenteira e conticúa 22,7 Km ata chegar a Vilanova de Arousa. Ao longo deste tramo onde se misturan paisaxes de río e despois ría, podemos apreciar a riqueza destas terras onde é típico, sobre todo, o peixe e o marisco, en especial os mexillóns e os berberechos, que son os protagonistas dunha festa típica na súa honra. Para bañar estes manxares que mellor que outro produto típico desta zona e arredores como é o viño Albariño.

 

Rumbo a Ourense!!

+ info
14 DE OUTUBRO

11:00h/12:30h ~ A PRAZANETA NO CAMIÑO

A Prazaneta percorrerá a etapa da Vía da Prata que remata en Ourense. Fará a súa primeira parada na Praza Maior de Seixalbo, onde repartirá de balde uns enerxéticos petiscos aos peregrinos e turistas que por alí pasen.

18:00h ~ SHOW COOKING EN OURENSE

Para repoñer forzas despois dunha xornada de camiñada, non hai mellor cousa que saborear uns pinchos elaborados cos mellores produtos da nosa Praza de Abastos de Ourense. A Prazaneta localizarase na entrada da Praza de Abastos provisional (Parque da Alameda), onde un chef local nos sorprenderá cunha degustación, realizada cos produtos máis frescos e de proximidade.
Quedades convidados!!

 

VÍA DA PRATA

Partimos de Xunqueira de Ambía para chegar a Ourense ( 22,450 Km. ). Unha ruta de interior pola que camiñaremos entre preciosos pobos tradicionais e que culmina na capital Ourensán. Podemos desatacar produtos típicos como son as carnes de porco e tenreira (Tenreira Galega) ademais dos pementos, patacas ou grelos, do famoso lacón con grelos, prato típico que xunto coas empanadas son os reis desta zona. Tampouco nos debemos esquecer que, aínda que esta sexa unha zona de interior, hai que destacar o polbo como típico en toda a zona de Ourense.

 

Rumbo a Baiona!!

+ info
23 DE OUTUBRO

11:00h/12:30h ~ A PRAZANETA NO CAMIÑO

A Prazaneta percorrerá a etapa do Camiño Portugués (pola costa) que remata en Baiona. Fará a súa primeira parada no Aparcadoiro Gratuíto de Baiona (PO-552, pasada a rotonda do Faro), onde repartirá de balde uns enerxéticos petiscos aos peregrinos e turistas que por alí pasen.

18:00h ~ SHOW COOKING EN BAIONA

Para repoñer forzas despois dunha xornada de camiñada, non hai mellor cousa que saborear uns pinchos elaborados cos mellores produtos da nosa Praza de Abastos de Baiona. A Prazaneta localizarase na entrada da Praza de Abastos (Rúa Carabela La Pinta Nº 11), onde un chef local nos sorprenderá cunha degustación, realizada cos produtos máis frescos e de proximidade.
Quedades convidados!!

 

CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

Unha ruta caracterizada polos marabillosos paisaxes costeiros ao longo dos que transcorre esta etapa e que marcan tamén a tradición culinaria da zona. Onde son típicos os peixes e mariscos entre os que destacan as zamburiñas. Pero non podemos esquecernos de outros produtos estrela locais como son o mel e as noces, protagonistas das romarías de San Cosme e San Damián.

 
Instagram Facebook